Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia que Gómez Besteiro non presidiu máis do 50% das xuntas de goberno celebradas durante o 2013

Os populares denuncian que o presidente socialista estea máis preocupado pola súa imaxe e proxección política que pola responsabilidade asumida a fronte da institución provincial.

Con este dato, o Grupo Provincial Popular denuncia que o socialista estea a eludir de forma reiterada as funcións inherentes ao seu cargo como presidente provincial, entre as que se atopa presidir todas as comisións, sesións, xuntas e comités.

O desinterese de Gómez Besteiro polo ente, do que percibe retribución, amósase incluso na delegación da firma nos seus compañeiros de equipo de goberno.

Os populares lamentan a pouca actividade promovida pola Deputación de Lugo e apreciada nas actas das Xuntas de Goberno, que se caracterizan pola reiteración de puntos como son a aprobación de contas xustificativa ou as renuncias a subvencións.

Lugo 3 de maio de 2013- O Grupo Provincial do Partido Popular de Lugo denuncia a actitude que está a promover nos últimos meses o presidente da Deputación Provincial de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, que, segundo os populares, amósase máis preocupado pola súa proxección política que pola responsabilidade asumida ao fronte do goberno provincial.

Os populares explican que no que vai de anualidade, José Ramón Gómez Besteiro, non presidiu máis do 50% das Xuntas de Goberno celebradas na anualidade de 2013. Tanto é así que das 17 que tiveron lugar entre xaneiro e abril de 2013, o socialista, non asistiu a un total de 9, delegando a súa responsabilidade en membros do seu equipo de goberno.

Deste xeito, o Grupo Provincial Popular denuncia que o socialista estea a eludir de forma reiterada as funcións inherentes ao seu cargo como presidente provincial, entre as que se atopa presidir todas as comisións, sesións, xuntas e comités.

O desinterese de Gómez Besteiro polo ente, do que percibe retribución, amósase incluso na delegación da firma nos seus compañeiros de equipo de goberno. Os populares xa preguntaron en reiteradas ocasións polos motivos que levan a un presidente provincial a delegar a súa firma e explican que un presidente provincial debe actuar como tal, e exercer o mando e a dirección do ente que preside.

Dende o Grupo Provincial Popular tamén denuncian a pouca actividade promovida pola Deputación de Lugo e apreciada nas actas das Xuntas de Goberno que se caracterizan pola reiteración de puntos como son a aprobación de contas xustificativas ou as renuncias de subvencións.

Deste xeito, os populares lamentan que a Deputación de Lugo estea dirixida por unha persoa máis preocupada por si mesma que polos intereses dos veciños, ao atoparse Gómez Besteiro máis centrado na súa proxección externa que en cumprir o seu compromiso como presidente provincial. Unha actitude, que segundo os populares, está a repercutir de forma negativa no día a día dos veciños e no funcionamento dos concellos, que non atopan na Deputación unha administración colaboradora.

Exit mobile version