Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente de Acisa agarda que cheguen moitos visitantes despois da presenza de Ribadeo en Expovacaciones en Bilbao

Ribadeo, 1 de maio de 2013. ACISA sorteará dous bonos de 100 euros cada un na feira Expovacaciones en Bilbao, que se celebra do 2 ao 5 de maio. Ribadeo acudirá con stand propio a este evento. O presidente de ACISA, Roberto Rivas, “agarda que poidamos atraer a moitos visitantes do País Vasco a esta zona ao igual que ocorreu con Intur en Valladolid”.

Rivas Tomé manifestou que “é a segunda vez que asistimos a unha feira destas características. A experiencia que vivimos en Valladolid en Intur foi moi positiva, de feito a Ribadeo chegaron moitos visitantes desa zona atraídos polo que coñeceron e polo que presentamos nese evento. E agardamos que en Bilbao ocorra o mesmo”.

O presidente da Asociación de Comerciantes, Industrias e Autónomos dixo que “Bilbao é punto moi cercano, debido á mellora das comunicacións, esperemos poder chegar a moita xente do País Vasco, de Cantabria e arredores, para que poidamos atraer a moito turismo á Mariña e a Ribadeo, que é o que nós lles ofrecemos”.

Roberto Rivas considera que “sempre é bó acudir a estas feiras para fomentar, sobre todo, a chegada dos visitantes procedentes destas zonas máis cercanas a Ribadeo nas fins de semana ou nos días que poidan ter de descanso. O que tentamos é atraer turismo ao noso concello en tempada baixa”.

Desde a directiva de ACISA subliñan que “hoteis e restaurantes asociados a ACISA (O Cabazo, Casona de Lazúrtegui, Voar, AG Porcillán, Fogar do Mariñeiro, Balastrera, Mediante e La Solana) colaboran con nós ofertando uns paquetes gastronómicos e estancias para que a xente poida coñecer Ribadeo sen custe algún para eles. Eses regalos que ofrece a hostalería ribadense sortearanse alí en directo ao igual que os dous bonos por importe de 100 euros cada un que aportan ACISA e o Centro Comercial Aberto”.

Exit mobile version