Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Burela denuncia a “mala imaxe” e “abandono total” do concello

20130418_180010_1Dende a Comisión Executiva do PSdG-PSOE de Burela queremos denunciar a mala imaxe, a imaxe de abandono total que está a dar o noso pobo, que ninguén dende o equipo de “desgoberno” do Partido Popular de Burela é capaz de arranxar.

Dende aquí lle queremos pedir ós responsables do Partido Popular no Concello de Burela que se poñan a traballar dunha vez, e recordámoslles que o soldo que se puxeron será para algo, normalmente o soldo percíbese por facer un traballo e se este non se fai pois non se cobra. Non vale só con facer viaxes dos que non sae ningún tipo de inversión para o noso pobo e facer anuncios sen ningún tipo de contido.

Calquera que se de un paseo polo noso pobo pode ver do que estamos a falar (papeleiras rotas, cubos do lixo rotos, beirarrúas desfeitas, solares sucios, abandono das zoas de lecer, etc.) que o único que conseguen é crear molestias ós veciños e veciñas do noso pobo. Xa levamos moito tempo recibindo queixas por esta situación, que en vez de mellorar, empeora día tras días.

Tendo en conta que se achega a temporada de verán, na que esperamos que nos visiten o maior número posible de visitantes, é hora de que o equipo de “desgoberno” do Partido Popular se poña a traballar dunha vez para que a imaxe do noso pobo non sexa a do abandono actual, e a imaxe que leven os nosos visitantes sexa o dun pobo ben coidado e apetecible para voltar a visitarnos. Vai sendo hora de que o equipo de “desgoberno” de Burela se ocupe dos veciños e veciñas e dos nosos establecementos de hostalería do pobo, e axude a que os nosos visitantes leven unha boa imaxe do noso pobo.

Para que a ninguén lle caiba ningunha dúbida do que estamos a denunciar, axuntamos unhas fotos sacadas nestes días pasados onde se demostra que o que nos dicimos é unha realidade.

Temos tamén que manifestar que é moi triste que algunha outra deficiencia que existía fose arranxada despois de que alguén detectara que a Executiva do PSdG-PSOE estaba a facer o traballo para poder ter constancia do que estamos a denunciar nesta nota de prensa.

Exit mobile version