Site icon Crónica3.com A Mariña

O SGEP reclama que se aprobe a “Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia” no Parlamento

O día 16 de maio, o Seminario Galego de Educación para a Paz, fixo entrega, no Parlamento de Galicia, dunha carta dirixida á Presidenta do Parlamento Galego, Dª Pilar Rojo, así como ós portavoces dos Grupos Parlamentarios do PP, PsdG-PSOE, AGE e BNG, na que reclaman a constitución da Ponencia Conxunta acordada na anterior lexislatura co obxecto de elaborar e aprobar, por acordo e por consenso, unha Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia.

Nun momento político, caracterizado pola confrontación máxima, polas acusacións mutuas de violencia, o Seminario Galego de Educación para a Paz considera oportuno retomar o acordo parlamentario da anterior lexislatura relativo á aprobación dunha lei que fomente a cultura da paz e a non violencia en Galicia.

Exit mobile version