Site icon Crónica3.com A Mariña

O vello ritual

Cumprindo co vello ritual, que se celebra dende tempo inmemorial, terá lugar este venres, a traslación da imaxe do bispo Gonzalo, dende o aposento habitual na igrexa de San Martiño, ata a capela conmemorativa do milagre do afundimento das naves normandas. Alí o Santo recibirá, durante o vindeiro fin de semana, a homenaxe relixiosa dos romeiros en forma de oracións, a pagana con entusiásticas ofrendas báquicas e gastronómicas, e tamén a lúdica con danzas, músicas e gaitas. Trátase dunha ancestral historia, á que levan prestado atención historiadores, escritores e poetas. No número de maio de 1911 da revista “ Vida Gallega”, Alfredo G. Dóriga publicaba un artígo co título “ El Obispo Santo. Leyenda galaica” no que do contorno da igrexa faí esta curiosa descrición: “Hállase San Martín distante del mar y escondida, como la gruta de una gamuza, entre las rocas de los montes. Elévanse, entre cuatro casas negruzcas, de humilde apariencia, la soberbia y antiquísima iglesia, cuyas bellezas restaurara en muy pequeña parte, en el siglo XIX, el obispo de Mondoñedo, don Ponciano de Arciniega. Parece aquel soberbio montón de piedra un gigante caído en la concavidad de la montaña, para ser arrullado por el quejido de la tempestad y por el eco bramador del espumoso torrente….”

“Allí sólo se ven alturas y barrancos, cañadas y montes, y desde la aldea llamada El Carmen podrá descubrirse una hermosa extensión de terreno. Descendiendo de él distinguireis el lugar de Mourente, y en la llanura, salpicada de melancólicos pinos, la capilla del obispo Santo, que la piedad de los fieles erigió al venerado Gonzalo, al que se atribuye que en dicho punto prestó su intervención para hacer naufragar a una escuadra normanda….” O escritor relata a lenda, coñecida por todos; envólvea nun roupaxe literario romántico e grandilocuente, tan do gusto da època. … “.

Son outras as modas e os modos; pero no fondo é sempre igual: a xuventude, a ilusión, a alegría e o amor, serán hoxe, como o foron onte, os protagonistas nesta nova edición do vello ritual…

Suso Fernández

Exit mobile version