Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares esixen a comparecencia de Besteiro por presuntas malversacións de fondos do Km0

O grupo provincial popular emite un comunicado manifestando a súa postura sobre as presuntas malversacións de fondos do programa km0 e esixindo a creación dunha comisión de investigación rexeitada no Pleno polo equipo de goberno.

• Logo de coñecerse que a Fiscalía citou a máis testemuñas trala denuncia sobre presuntas malversacións de fondos no programa Km0 e tendo en conta as supostas declaracións dos funcionarios, o Grupo Provincial do Partido Popular esixe a comparecencia inmediata do Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, como máximo responsable deste Organismo.

• O GPP volverá a levar a sesión plenaria provincial a creación dunha comisión de investigación que no pasado pleno rexeitou o Equipo de Goberno.

• Os populares mostran preocupación logo de coñecer as informacións publicadas esta mañá e esixen a Gómez Besteiro que comparezca e de explicacións de maneira inmediata.

• O PP amósase prudente e cun respecto total e absoluto á Xustiza e aclara que non é pretensión do GPP entrar na análise xurídica, que corresponde a outros organismos, pero é indiscutible que estes feitos requiren de explicacións urxentes sobre a actuación dos membros de goberno e analizar si se puido incorrer en algún tipo de responsabilidade política.

• Resulta sorprendente que se estean a multiplicar as irregularidades das que é protagonista a Deputación de Lugo.

• Todos estes casos confirman as denuncias efectuadas polo Grupo Provincial Popular cando acusa ao Presidente da Deputación e aos integrantes do Goberno bipartito de actuar con opacidade e escurantismo, o que sen lugar a dúbidas dana á imaxe da provincia de Lugo.

Exit mobile version