Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos insistir unha vez máis na denuncia feita en nota de prensa do 8 de maio na que denunciabamos a supresión de servizos que se estaban a dar no Hospital da Costa, e vista a negación por parte do SERGAS das nosas denuncias queremos aportar probas para que se dean a coñecer á opinión pública da Mariña para que toda a cidadanía da Mariña e máis concretamente a de Burela vexa que nós non mentimos.
Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos reiterar que en ningún caso imos a facer demagoxia cun tema tan importante para os nosos veciños e veciñas como é o da saúde pública, así o dixemos e así o seguimos a manter. Pero en ningún caso imos a consentir que se diga que mentimos, ou que inventamos as denuncias que os propios veciños e veciñas nos fan chegar.