Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Burela responden ao alcalde sobre a perda de servizos do Hospital da Costa nos últimos meses

Dende o PSdG-PSOE de Burela queremos dar resposta á pregunta que nos lanza o Partido Popular de Burela na súa nota de prensa con fecha 9/5/2013 respecto a que servizos se teñen perdido no Hospital da Costa dende hai catro anos, e imos a dar resposta non dende fai catro anos, senón que lle imos a contestar ós servizos que estamos a perder nos últimos meses dende que o Sr Feijoo decidiu quitarlle á Mariña a área de xerencia única e que pasásemos a depender directamente de Lugo.

O Sr Barcia di que non se perderon servizos, entón ¿como lle chama o Sr Barcia a que quitaran un oculista do servizo cando era un dos servizos con maior lista de espera? ¿como lle chama o Sr Barcia a que as nosas mulleres teñan que ir a facer as súas revisión de peito (mamografías) a Lugo? ¿como lle chama o Sr Barcia a que haxa veciños esperando para operarse dende fai máis de sete meses? Esperamos unha resposta clara de como lle chama o Sr Barcia a todo isto que está a acontecer no Hospital da Costa, esperando que a resposta non sexa un eufemismo como ós que nos teñen acostumados ós seus superiores en Madrid, para nós a “mobilidade exterior” é o que se chama normalmente “emigración”, “regulación de rendas y activos” o que toda a vida foi unha “amnistía fiscal”, etc, etc….

Nós coma sempre falamos con papeis na man e ó mellor en breve teremos que sacalos para calarlle a boquiña a algún.

Por outro lado, o Sr Barcia insiste en compararse có Sr Llano. Pois temos que dicirlle que en calquera comparación có Sr Llano sae perdendo, como persoa non lle chega á altura do zapato, e como xestor non ten comparación, demostrase isto coas inversións que conseguiu un e outro para o noso pobo. En todo caso o Sr Barcia debería estarlle agradecido ó Sr Llano polo máis de un millón de euros de inversión da Deputación que lle deixou para facer obras, por certo ás únicas obras con algo de entidade feitas no noso pobo dende a chegada do Sr Barcia. Iso si, as poucas inversións que se conseguiron ultimamente grazas tamén á Deputación, xa se encargou este equipo de “desgoberno” de que beneficien ós achegados.
Pedímoslle ó Sr Barcia que se poña a traballar dunha vez como goberno, e recordámoslle por enésima vez que a oposición, porque así o decidiron os veciños e veciñas de Burela exercémola nós, recomendámoslle que a súa función non é a de facer oposición á oposición, senón que é a de gobernar o noso pobo e conseguir investimentos.

Exit mobile version