Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas de Cervo esixen o arranxo inmediato dos colectores soterrados da praia do Torno

-Subliñan que “levan nesta situación varios meses e parece que o equipo de goberno non ten interese por solucionar o problema”

-A época estival está comezando e “xa vemos os primeiros turistas, non se pode dar esta mala imaxe ós visitantes e os propios veciños non merecen ver deste xeito a entrada principal deste areal”

CERVO, 16 DE MAIO. Os socialistas denuncian o estado de abandono no que se atopan os contenedores soterrados da praia do Torno, “é unha auténtica vergonza ver como se encontran, están descoidados, coa superficie levantada e suxeita cuns valos de obra. A imaxe que ofrecen é de deixadez e pasividade total por parte do goberno municipal”.

Dende o Grupo Socialista aseguran que “levan así xa varios meses e vemos como dende o Concello non se moveu un dedo por arranxalos. Tiñan tanta présa por instalalos que ata se viron rodeados de polémica por non ter os permisos necesarios, agora a deixadez de funcións é tal que parece que non lles preocupa o máis mínimo”.

A época estival está á volta da esquina e “xa se deixan ver os primeiros turistas. É unha mágoa dar esta imaxe do municipio ós visitantes e por outro lado, os propios veciños non merecen ver a entrada principal deste areal nesta situación”.

Os socialistas esíxenlle ó señor alcalde, Alfonso Villares, que “faga as xestións oportunas para arranxar estes contenedores e volvan a estar como se debe. Xa pasaron varios meses e cremos que vai sendo hora de dar unha solución”.

Exit mobile version