Site icon Crónica3.com A Mariña

Parolando sobre o idioma galego

parolando_letrasgalegasO pasado xoves, día 16, véspera das Letras Galegas, o programa Parolando, seguindo o seu costume de tratar temas relacionados co idioma galego nestas datas, organizou un debate para falar da posible existencia dunha arte típicamente galega. Os invitados foron Daniel Río “Caxigueiro”, escultor mindoniense residente en San Martiño, e Xoán Guerreiro, pintor de Xove, ós que acompañaron os habituales colaboradores do programa Matías Nicieza e Ruth Rodríguez. Tamén houbo dúas entrevista, a Iria Braña, gañadora do concurso de Parlamento Xove co Instituto de Foz, e a Patricia, co-propietaria da Asociación “Meniños” de Burela, ademais da sección de Curiosidades de Pepe de Xermán.

Exit mobile version