Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo celebra “+ mercado transparente” no marco da Semana Galega do Comercio Xusto

Este sábado 11 de maio, na praza de abastos de Ribadeo o grupo de consumo responsable As Grelas, de Ribadeo, a ONG galega Amarante e o Sindicato Labrego Galego celebrarán a actividade: “+ mercado transparente” no marco da Semana Galega do Comercio Xusto.

Unha mañá para o encontro entre os grupos de consumo ecolóxico e local do Occidente asturiano e da Mariña Lucense e cos productores de horta, conservas, artesáns e con grupos de autoxestión, organizada coa colaboración do Concello.

Haberá mercado de produtos ecolóxicos e de comercio xusto, obradoiros, un espazo cultural, presentación das iniciativas participantes e unha mesa redonda para debatir sobre os problemas e dificultades que atopan estas inciativas de produción e consumo local sustentable e como superalos.

Exit mobile version