Site icon Crónica3.com A Mariña

Que vai dicir?

Hoxe, traballando as 14 horas chámame un bo amigo, e dime:

-Pero, ¿viche o que puxo o secretario xeral do PP de Foz en Crónica3?

-¿Como se chama?, preguntei.

-D.Juan Rivas, contestoume.

-Non o coñezo,

-Si home, que traballa con un constructor chamado…

-Vale,vale…

-Dixo que durante 16 anos non fixérades nada cando ti eras o Alcalde.

-Vale, e que máis.

-¿Paréceche pouco? contestou.

-Qué vai a dicir?
Que fixemos Colexios, Casa da Cultura, Centro Social, unha Casa da Xuventude, Pabellóns Deportivos, Campos de Fútbol, Parques, Xardíns, a Sala Bahía, o Centro de Saúde, a Estación de Autobuses, os Paseos Marítimos, Norte-Sur , levar auga a quen non a tiña, 13 depuradoras, alcantarillado para os veciños… Vou a parar que senon non me chega a crónica.
Para ao final, poñer luz pública a quen non a tiña para acompañalos especialmente nas Parroquias, e que hoxe están a sacala.
Perdoa amigo, e despois de todo esto aínda deixamos máis de 6 millóns de € (100 millóns de pesetas) nos bancos. Si tes amizade con ese tal Juan Rivas, dálle as gracias, meréceas.

-Despedida amigo, xa nos vemos á noite en Foz.

Pepe Rivera
Ex-Alcalde de Foz

Exit mobile version