Site icon Crónica3.com A Mariña

Raku en RegalXunqueira

O sábado 4 de maio, dentro da programación de “Obradoiros con Alma” da Mariña de Lugo, haberá un taller de elaboración e cocción de pezas de Raku, en Regal Cerâmicas. Tamén se poderán visitar ás instalacións de RegalXunqueira: o museo da cerámica e o museo da pel, souto das esculturas e visita á exposición “dende mañá”. Cada participante levará para a súa casa a peza que coza ó mesmo tempo que elaborará unha peza que se cocerá no próximo curso, o sábado 8 de xuño. O curso é gratuito e calquera persoa interesada pode inscribirse a través do correo electrónico ceramica@oteroregal.com, ou chamando ó 982 56 25 89.

Exit mobile version