Site icon Crónica3.com A Mariña

Seminario sobre EREs na Academia A Mariña

O xefe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo, Nicolás González Raposo, impartirá un seminario na Academia A Mariña sobre expedientes de regulación de emprego. Esta actividad, dirixida a empresarios e xestores, celebrarase nas instalacións de academia en Burela o mércores 15 dende as catro ata as oito da tarde. No seminario, o xefe da Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social falará da evolución, a normativa e os principios xerais dos expedientes de regulación de emprego. Tamén abordará cuestións relacionadas cos despidos colectivos, as suspensións dos contratos e as reduccións de xornada, las normas comúns, a forza maior, o sector público, os expedientes de regulación de emprego en empresas que están en concurso e en cooperativas de traballo asociado.

Exit mobile version