Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha peza de Martin McDonagh en Ribadeo

att342bbEste domingo o auditorio Hernán Naval acolle a compañía IL MAQUINARIO TEATRO cun thriller de Martin McDonagh: O home almofada. Martin McDonagh (1970) é un dramaturgo angloirlandés pertencente á xeración de autores coñecida polo apelativo de “In-your-Face” (“na túa cara”). O argumento sitúase nun país totalitario sen nome. Alí, unha escritora de macabros contos infantís, está sendo interrogada por unha parella de policías a causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres. Unha peza de alto contido social repleta de intriga e humor negro na que a fronteira entre verdade e mentira, entre realidade e ficción, acaban por se diluír como nun grotesco pesadelo. O elenco está formado por Melani Cruz, Fernando González, Fran Lareu e Laura Míguez baixo a dirección de Tito Asorey a quen soemos ver en Ribadeo formando parte das funcións de Sarabela. A función terá lugar como é habitual ás 20.30 h e a entrada terá un prezo xeral de 4 € e reducida de 2 € para estudantes e persoas xubiladas ou paradas.

Exit mobile version