O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, fai saber que a unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos levará a cabo unha Inspección Técnica de ciclomotores, motocicletas e quad no Concello de Ribadeo. Será na antiga Estación de Autoubes (detrás das vivendas sociais) o día 13 de maio e na Rúa Clemente Martínez Pasaron o 14. O horario fixado é de 9.00 a 13.30 horas e de 15.30 a 18.00 horas. A cita pederá concertarse a través da páxina web www.sycitiv.com ou no teléfono 902309000 . Aos vehículos que se presenten sen cita previa asignarase día e hora de atención ao público directamente na estación móbil, segundo a dispoñibilidade do servizo.