Site icon Crónica3.com A Mariña

Vattene!, novo traballo de Alberte Momán

VATTENE portOs Q de Vian cadernos, no seu número 12, editan Vattene!, terceira entrega narrativa de Alberte Momán. A presentación do libro desenvolverase este mércores 15 de maio, ás 20:30 horas, no Centro Social Mádia Leva! (rúa Serra de Ancares, 18). A editorial presenta este traballo de Momán destacando que “trala desaparición de Alexander Hartdegen, o seu secretario, coidando ser beneficiario da súa fortuna, comeza unha viaxe que o devolverá á miseria máis absoluta, e pola que terá a oportunidade de coñecerse a si propio, ademais de imbuírse dun mundo do que descoñecía todo ou case todo. Créndose dono daquelas palabras de Whitman, nas que aseguraba ser o problema e a solución do problema, afonda no seu conflito interior coa fin de aniquilar ás súas propias pantasmas, que non distan moito dos medos que debe afrontar calquera individuo que comeza a descubrir a luz despois dunha cegueira prolongada. O surreal como superación absoluta da percepción humana da realidade. Eis unha historia, unha aventura que se mergulla nas miserias humanas”.

Exit mobile version