
O xoves 9 de maio 35 membros da Escola de Maiores do Concello de Xove viaxaron ao Concello de Allariz, nunha das súas visitas culturais, acompañados e acompañadas pola Educadora Familiar, Angélica Casabella Quelle e a concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad López. Á mañá, en compaña de Sonia, a Educadora Social e Pilar, concelleira de Benestar do Concello de Allariz, visitaron o Fogar dos Maiores e o casco histórico de Allariz, declarado Conxunto Histórico Artístico desde o ano 1971. Logo do xantar visitaron o Ecoespazo do Rexo, onde hai unha granxa escola, un centro de educación ambiental, fábrica de queixo e unha intervención artística sobre rochas e árbores (Agustín Ibarrola), todo á beira do río Arnoia.