L
“Por estes motivos –continuou Outeiro- o total das axudas non variou con respecto ás convocatorias dos dous últimos anos, manténdose a dotación orzamentaria en 70.000 euros. Manter este investimento supón un esforzo importante para a Vicepresidencia, en concreto para a área de Deporte, pero permite cumprir cun dos obxectivos do Goberno como é a aposta polo deporte de base lucense. Gobernar supón establecer prioridades e garantir o benestar social e fomentar o deporte de base son dúas das prioridades ao redor das que xiran todas as medidas da Vicepresidencia”.
As bases establecen catro liñas de axuda segundo a idade dos e das aspirantes; (A) até os 16 anos, dotada con 25.000 euros; (B) entre os 17 e os 25 anos, dotada con 32.000 euros; (C) con máis de 25 anos, dotada con 9.000 euros; (D) deportistas lesionados que non puideran competir durante o ano 2012 ou parte del e deportistas con capacidades diferentes que participen nas distintas competicións sen límite de idade, dotada con 4.000 euros. A cantidade máxima que poderá recibir cada deportista é de 2.000 euros e só poderá optar a unha única bolsa, con independencia do número de modalidades deportivas que practique.