Site icon Crónica3.com A Mariña

Visita a Chavín da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental

IMG-20130523-WA0000Os usuarios da Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña desprazáronse a Chavín a visitar os “Eucaliptos de Chavín”, no Souto da Retorta. Alí tamén puideron coñecer o avó de Chavín, un eucalipto de 130 anos. Esta xornada permitiu un acercamento á natureza que redunda positivamente na súa melloría. Ademais, compartiron risas e coñecementos que favorecen a creación de grupo e a integración na comunidade.

Exit mobile version