Os equipos base do C.D.Foz colleitaron esta fin de semana unha vitoria e unha derrota. Os infantís da Liga galega xogaron o sábado no Marténez Otero ante o Orillamar coruñés e caeron derrotados por 1-2. Despois de xogar unha moi boa primeira parte chegouse ós vestiarios con empate a cero goles. Na reanudación, o Foz adiantouse no marcador cun gol de Hugo nunha magnífica xogada, pero a partir de ahí o equipo foi a menos físicamente e veuse superado por un Orillamar que acadou o empate e, a falta de 5 minutos, logrou o tanto da vitoria. Hai que seguir loitando; xa que a falta de catro partidos para o final de liga, aventaxa a Milagrosa en 4 puntos, xogándose case que toda a permanencia no enfrontamento dentro de quince días entre ámbalas dúas escadras.