Site icon Crónica3.com A Mariña

A armada de atletismo das E.D. Lourenzá Mondoñedo toma Guitiriz na súa popular

Os alumnos e alumnas das Escolas Deportivas Lourenzá Mondoñedo acadaron grandes resultados en Guitiriz na súa VIII Carreira Popular celebrada o sábado 22 de xuño dentro da programación das festas na honra a San Xoán.

Un ouro, catro pratas e tres bronces para os participantes laurentinos-mindonienses da proba. As rapazas das E.D. Lourenzá Mondoñedo asaltaron o podio en alevín feminino con Ainara Rodríguez á cabeza. Ana Vallines e Claudia Graña, segunda e terceira respectivamente, completaron o podio.

Do mesmo xeito, Brais Díaz colgábase a prata en prebenxamín masculino, mentres que igualaba resultado Carmen García en feminino. En benxamín masculino Ayoub Khaled tamén conseguiu a prata.

Os outros dous bronces acadados pertencen a categoría infantil. Xana Rodríguez conseguiu o metal na categoría feminina e Ilyass Khaled na masculina.

Exit mobile version