Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión das Festas do Carme de San Cibrao presenta un programa participativo e con máis de dez días de celebración

presentacion_festasA comisión das Festas do Carme deu a coñecer hoxe o cartel e o programa dos actos preparados para esta cita festiva. Unha celebración que arrincará o 10 de xullo e rematará o día 21. Ao mesmo tempo cabe destacar unha das novidades do programa, como é o Mercado Pirata, que se celebrará na Praza dos Campos do 19 ao 21 de xullo durante todo o día. Un evento ao que acudirán vendedores de distintos puntos de Galicia e de España que xuntos conformarán un mercado cunha ampla oferta de produtos e ambientado na época dos piratas.

En canto ao resto do programa, a comisión de festas destaca a “variedade das actividades” explica o presidente, José Ramón Soto, “motivada polo desexo desta comisión de ofrecer actos atractivos para todos os públicos”. Deste xeito, están previstas actuacións de teatro dos grupos locais O Bordelo e Ardora, un espectáculo itinerante de cabaret, o día da bicicleta, pasarrúas, actuacións de corais, sesións vermú e verbenas a cargo de varias orquestras, as tradicionais misas, a ofrenda floral, a procesión ou a confección da alfombra floral na honra da Virxe do Carme.

Ao mesmo tempo, tamén hai actividades de animación infantil específicas para os máis pequenos, onde haberá obradoiros de globoflexia e xogos populares entre outras actividades e que se sucederán durante varios días, especialmente o 17 de xullo, que está dedicado ao público infantil. Ademais, os pequenos serán os encargados de abrir de forma oficial as Festas do Carme xa que o Grupo Infantil de Teatro de San Ciprián ofrecerá o pregón.

A mocidade tamén terá os seus propios eventos, como son o Día da Xuventude, o 13 de xullo, no que se disporá dunha discoteca móbil na praza dos Campos. Para eles está deseñado tamén o I Concurso de Talentos, no que poden participar os mozos de 12 a 30 anos amosando as súas habilidades artísticas en calquera disciplina.

“A nosa intención era confeccionar un programa acorde á situación actual e con actos e actividades que buscan a participación e a implicación da poboación e dos visitantes” remata Soto.

PROGRAMA DE FESTAS

10 DE XULLO 21:00 Horas.- Actuación do Grupo de Teatro “O BORDELO” de Cervo, no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. Patrocinado polo Concello de Cervo
11 DE XULLO 21:00 Horas.- Actuación do Grupo de Teatro “ARDORA” de San Ciprián, no Auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián. Patrocinado polo Concello de Cervo
12 DE XULLO 21:00 horas.-1º fase do CONCURSO DE TALENTOS organizado pola delegación de Xuventude do Concello de Cervo.
13 DE XULLO 13:00 horas: Pasarrúas a cargo de Gaiteiros de San Ciprián.

Día da XUVENTUDE :

A partir as 23:00 horas Discoteca Móbil DECIBELIOS`S EVENTOS na praza dos Campos.

 

14 DE XULLO
  • 13:00 horas: Pasarrúas a cargo de Gaiteiros de San Ciprián.
  • 17:00 horas-20:00 horas: FIESTA DE ANIMACIÓN INFANTIL, GLOBOFLEXIA, XOGOS POPULARES, …ETC

 

-TARDE DE CORAIS:

20:00 horas: no Auditorio da Casa da Cultura.

 

15 DE XULLO 14:00 SESIÓN VERMÚ AMENIZADA POLA ORQUESTA DELIRIO 16:00 horas: Confección da Alfombra Floral na honra da Virxe do Carme, na Praza do Lugar.

 

19:00 horas: PREGÓN, no Auditorio da Casa  da Cultura a cargo do GRUPO DE TEATRO INFANTIL , afincado en San Ciprián.

 

  • 19:30 horas:Pasarrúas da Banda Naval de Cornetas e Tambores do Club Náutico de  Viveiro”.

 

  • 21:00 horasMisa Solemne cantada pola “Coral Terramar de San Ciprián”, na Igrexa Parroquial de Lieiro. A continuación Procesión do Carme ata o Peirao, coa incorporación de San Ciprián e San Andrés, acompañados polo “Pasarrúas da Banda Naval de Cornetas e Tambores do Club Náutico de  Viveiro”.

 

  • 23:30 horasVerbena  orquestra: DELIRIO y DISCOMÓVIL BLANCO Y NEGRO

 

16 DE XULLO 11:00 Horas:Pasarrúas Banda Naval de Cornetas e Tambores do Club Náutico de  Viveiro”.
  • 12:00 Horas:  “Misa Solemne cantada, pola “Coral Terramar de San Ciprián”, no Peirao, o rematar “Ofrenda Floral” na honra dos mariñeiros falecidos, a cargo de ÁNGEL FERNÁNDEZ VÉQUEZ,  continuando coa “Procesión” ata a Igrexa Parroquial de Lieiro, acompañada pola “Banda Naval de Cornetas e Tambores do Club Náutico de  Viveiro”.”

 

 

  • 14:00 Horas: Sesión Vermú a cargo da orquestra XACOBEO

 

  • 23:00horas:Verbena orquestras XACOBEO E ABANICO.
17 DE XULLO DIA INFANTIL

16:00-20:00  Horas: Xogos , colchonetas e atraccións náuticas na PRAZA DOS CAMPOS.

Actuación polas rúas de San Ciprián do Grupo de “Animación Troula” coa representación de:

  • 21:00 horas:Moulin Rouge“

Espectáculo itinerante, no que unha banda de Cabaret percorrerá as rúas de San Ciprián nun escenario móbil, facendo diferentes paradas, todo isto mesturado con números cómicos e participación do público.

 

18 DE XULLO 17:30 horas.- DIA DA BICICLETA EN SAN CIPRIÁNPara todos entre 3 e 10 anos.Inscricións Na Praza dos Campos de San Ciprián a partir das 17:00 horas.

A continuación: RUTA CICLOTURISTA POR SAN CIPRIÁN; dando un paseo polas rúas do pobo para rematar de novo na Praza dos Campos.  É imprescindible o uso adecuado do casco.

 

19 DE XULLO MERCADO PIRATA  NA PRAZA DOS CAMPOS  APERTURA ÁS 18:00 HORAS

21:00 horas: 2º FASE DO CONCURSO DE TALENTOS organizado pola delegación e Xuventude do Concello de Cervo.

20 DE XULLO MERCADO PIRATA  NA PRAZA DOS CAMPOS HORARIOS: 11:00 ÁS 14:00 HORAS

17:00 ÁS 23:00 HORAS

 

21 DE XULLO MERCADO PIRATA  NA PRAZA DOS CAMPOSHORARIOS: 11:00 ÁS 14:00 HORAS17:00 ÁS 23:00 HORAS
Exit mobile version