Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión veciñal en defensa da sanidade en Cervo agradece o apoio e esforzo amosado polos veciños para manter os servizos sanitarios

CERVO, 14 DE XUÑO. A Comisión veciñal en defensa da sanidade en Cervo quere facer público o seu agradecemento “a tódolos veciños, das distintas parroquias do concello, ás diversas plataformas e a todos aqueles que nos apoiaron dende o primeiro día. A reunión informativa convocada para á tarde de onte foi todo un éxito, a Casa da Cultura quedou pequena non só para abordar a situación dos servizos sanitarios locais senón tamén da comarca e incluso a nivel provincial”.

Neste senso, tódolos asistentes estiveron de acordo en que “é unha realidade que a merma da atención primaria afectará directamente tanto ó PAC como ó servizo de urxencias do Hospital da Costa. Ten todo o sentido que se para unha consulta ordinaria teremos que agardar tres ou catro días, a xente optará por dirixirse a estes outros servizos, que se verán fácilmente colapsados”.

Dende a Comisión engaden que “a charla foi moi constructiva xa que ademais da información facilitada polos membros da mesa, foron moi enriquecedoras as aportacións dende o público. Así, entre todos, recollemos diversas iniciativas para seguir traballando nesta dirección e defender así os catro facultativos do Concello de Cervo para que se manteñan os nosos servizos sanitarios tal e como estaban”.

Exit mobile version