A Deputación acondiciona co Plan de Rebacheo 800 quilómetros de estradas provinciais, distribuídas en 11 Concellos: Vilalba, As Nogais, Cospeito, Pol, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro, Cervantes, Mondoñedo, Monterroso, Viveiro e Antas de Ulla. Precisamente, foi neste último municipio da Ulloa, onde a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, supervisou estas actuacións.
En Antas de Ulla son 14 operarios e 10 máquinas (2 cisternas, 4 camións, 2 pisóns e 2 retroexcavodoras) os que están a arranxan os 50 quilómetros das 11 estradas provinciais: 0301 de Antas de Ulla a Rodeiro; 0302 de Antas de Ulla, por Santa Mariña, a Borraxeiros; 0303 de Santiso a Cruceiro; 0304 de Arcos ó Santo da Agüela; 0305 de Gradoi a Cruceiro; 0306 de Santa Mariña a Fradegas; 0307 de Outeiro, por Amoexa e cara a Santiso; 1809 de Chantada a Antas de Ulla; 3302 de Monterroso a de Chantada a Antas de Ulla; 4002 de Palas de Rei, por Ponte Merced, a Antas de Ulla; 4003 da cp 4002, por Chorexe, a Santa Mariña.
Máis de 500 quilómetros arranxados
A institución leva a cabo agora estas actuacións tras rematar co acondicionamento de 500 quilómetros de estradas provincias noutros 9 municipios: Xove, Quiroga, Burela, Cervo, A Pastoriza, A Pontenova, Castroverde e Ribas do Sil. Sucesivamente, os 50 operarios e 32 máquinas despregadas co Plan de Rebacheo actuarán nos municipios lugueses que restan, arranxando a totalidade da rede viaria provincial, a máis extensa de España con máis de 4.200 quilómetros, e mellorando as comunicacións en todos os municipios. Para elo, conta cun orzamento de 5 millóns de euros.
Outras melloras executadas
Estes actuacións súmanse as levadas a cabo polo actual Goberno Provincial nos últimos anos. Por exemplos, o Executivo de Gómez Besteiro multiplicou por 10 o número de quilómetros con aglomerado en quente, e hoxe son 1.000 os que contan con este material. Por este motivo e tendo en conta que esta superficie está en boas condicións, o número final de quilómetros sobre os que se intervirá co Plan de Rebacheo é de 3.200.
Ademais de aglomerar en quente 1.000 quilómetros, o Goberno provincial acometeu dende a súa chegada á Deputación outras importantes melloras nas estradas da súa competencia, como a sinalización e balizamento das vías dos 67 Concellos lucenses. Entres outras actuacións, destacan: colocación de máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop), dun milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas, máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña; sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades; ou instalou cerca de 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.