Unha vez rematadas estas últimas actuacións, serán 523 quilómetros de 97 estradas provinciais de 9 Concellos da Costa os arranxados con esta programación. É dicir, a Deputación levará acondicionado o 60% dos quilómetros da súa competencia nos municipios da Costa.
Nas vindeiras semanas, a institución continuará co desenvolvemento do Plan de Rebacheo, dotado de 5 millóns de euros, en Abadín, Alfoz, Barreiros, Foz, Lourenzá, Trabada, O Valadouro e O Vicedo, actuando, deste xeito, nas 97 estradas provinciais, con 900 quilómetros, dos 17 Concellos da Mariña.
Outras actuacións
Estes actuacións súmanse as levadas a cabo polo actual Goberno Provincial nos últimos anos. Por exemplo, o Executivo de Gómez Besteiro multiplicou por 10 o número de quilómetros con aglomerado en quente, e hoxe son 1.000 en toda a rede viaria provincial os que contan con este material. Ademais, o Executivo lugués acometeu dende a súa chegada á Deputación outras importantes melloras nas estradas da súa competencia, como a sinalización e balizamento das vías dos 67 Concellos lucenses. Entres outras actuacións, destacan: colocación de máis de 3.400 sinais (entre circulares, triangulares e stop), dun milleiro de paneis direccionais, para alertar da presenza de curvas perigosas, máis de 400 balizas de neve, moi necesarias en estradas de alta montaña; sinalizou mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede provincial, coa súa denominación. En total, colocou máis de 4.000 unidades; ou instalou cerca de 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.