O colectivo mantivo xa unha primeira reunión con asociacións de Viveiro e seguirá recollendo nos vindeiros días ideas e propostas para facer chegar ás Administracións Públicas —Concello, Xefatura de Costas e Grupo de Portos— a reclamación dunha primeira ciclovía para un concello onde tanto se ten investido en paseos marítimos e fluviais e que non conta nin cun só metro de carril-bici.
O Colectivo convoca ás persoas que participen neste primeiro acto para que acudan a esta biciconcentración coa súa bicicleta.
Queremos un Biveiro con B de Bici.