Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberto o prazo para as probas de incorporación ás categorías de base laranxa

A escola do CD Burela FS Pescados Rubén abre o prazo de incorporación de todos aqueles rapaces/as que desexen formar parte da estrutura laranxa de cara á tempada 2013-14. A partir de hoxe e ata o luns 10 de xuño, tod@s os interesad@s poden poñerse en contacto co club para inscribirse e formar parte dunha das escolas máis prolíficas do fútbol sala nacional.

As probas consistirán en integrar aos novos xogadores/as aos adestramentos do equipo da súa categoría para coñecer o funcionamento das sesións e a metodoloxía do traballo do club. Deste xeito, todos os xogadores/as nados entre 1995 e 2008 poderán tomar contacto coa dinámica da escola laranxa durante as tres próximas semanas.

-Xuvenil (1994-95-96)

-Cadete (1997-98)

-Infantil (1999-2000)

-Alevín (2001-02)

-Benxamín (2003-04)

-Prebenxamín (2005-06-07-08)

Os interesados/as poderán facer as súas inscricións en:

– 982581815

– burelafs@burelafs.org (indicando nome, apelidos, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto)

– Oficina (avenida Arcadio Pardiñas, 91, baixo). Horario: De luns a venres (10.00-14.00 // 16.00-19.00)

Exit mobile version