Alumnos do IES de Foz visitan a mostra ‘Os ollos das palabras’
edicion2
Alumnos de 4º de ESO do instituto de Secundaria focense acompañados por tres profesores visitaron a exposición ‘Os ollos das palabras’ no Cenima dentro dunha actividade organizada polo Concello con motivo do Día das Artes. Esta mostra, con obras de Caxigueiro e Baldo Ramos, forma parte das actividades para celebrar o 50 aniversario da librería Bahía e estará aberta ao público ata este venres, día 7. A visita foi guiada por Caixgueiro, que antes ofreceu aos estudantes unha charla sobre a súa obra e os motivos de moitas das súas coleccións.