Esta segunda fase, con saída e chegada en Ferreira do Valadouro, tamén percorreu os concellos de Alfoz, Burela e Cervo
Esta segunda etapa, de 109 quilómetros, con saída e chegada no Valadouro, tamén percorreu os concellos de Alfoz, Burela e Cervo, disputándose un sprint especial en San Cibrao.
A VI Volta ás Comarcas, na que participan 16 equipos de ámbito nacional, estatal e internacional, desenvólvese durante toda esta fin de semana en tres etapas distintas. Mañá, domingo 2 de xuño, disputarase a terceira e última fase que terá lugar na zona Sur, con saída e chegada no Incio.
A área de Deporte da Deputación de Lugo puxo en marcha hai xa seis anos a Volta Ciclista ás Comarcas Lucenses, unha proba que, a día de hoxe, logrou asentarse no panorama nacional do ciclismo e avanza un chanzo máis no conxunto de probas do Estado español, nunha época na que competicións deste tipo están claramente en recesión debido ao mal momento económico que atravesa o deporte en xeral e o ciclismo en particular.