Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiro adoptará medidas legais contra Dorribo se recibe información da Audiencia Provincial de Lugo

Lugo, a 19 xuño 2013.- Ante as informacións publicadas hoxe por un medio de comunicación nas que se indica que a Audiencia de Lugo remitiu unha exposición razoada ó Tribunal Supremo para que analice as acusacións realizadas polo empresario Jorge Dorribo contra o presidente do Partido Popular de Lugo e senador por esta provincia, José Manuel Barreiro quere dicir que:

É rotundamente falso o que se afirma na información publicada de que facilitou a un parente seu o plego de condicións para o aparcamento do Hospital Universitario “Lucus Augusti” antes de que éste fora sacado a concurso público.

A única información que coñece sobre este asunto é a que publica hoxe o referido medio de comunicación e que dende ningunha instancia xudicial se lle comunicou procedemento algún. Así, a data de hoxe, o Xulgado número 2 da Audiencia Provincial de Lugo non lle remitiu información sobre ningún procedemento na súa contra.

Puntualizado esto, José Manuel Barreiro amosou a súa disposición, como non podería ser doutra maneira, a colaborar coa xustiza na aclaración deste asunto.

O senador popular afirmou que, de confirmarse que efectivamente Jorge Dorribo acusouno en sede xudicial, adoptará as accións legais oportunas contra el.

Exit mobile version