Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros acollerá o terceiro Día Solidario cunha ruta a pé, mercadiño, xogos, karaoke e maxia

Barreiros, 3 de xuño de 2013. Barreiros acollerá o III Día Solidario o vindeiro 15 de xuño, que organiza a Rede de Voluntariado Local e a Concellería de Servizos Sociais.
A xornada dará comezo cunha ruta a pé ao Santo Estevo do Ermo, con saía ás 9:30 horas desde a praza do Concello. Os interesados en participar poden inscribirse no seguinte número de teléfono: 678 41 24 17 ou facelo o día da andaina. O prezo da inscrición será de 1 euro.

Xa a mediodía terá lugar unha comida solidaria no restaurante Yenka-Ledo. O prezo por comensal é de 12 euros (10 euros para a comida e 2 euros de doazón), os nenos e nenas de 5 a 10 anos pagarán 9 euros (7 euros para a comida e 2 euros de donativo) e os menores de 5 anos asistirán gratuitamente. Segundo a organización “para asistir ao xantar será necesario anotarse antes do vindeiro 10 de xuño no seguinte teléfono: 661 07 83 23”.

Durante todo o día desenvolverase un mercadiño solidario na praza do Concello no que haberá venda de gastronomía, de artesanía… Será de 11 da mañá a 20 horas da tarde.
No III Día Solidario haberá tamén xogos e actividades para todas as idades durante toda a tarde. De 18 a 20 horas terá lugar un karaoke e ás 20 horas espectáculo de maxia a partires das 20 horas a cargo dos Magos Pi e Senín.

Os fondos recadados neste III Día Solidario irán destinados a favor da investigación contra o cancro da Asociación Española de Loita contra o Cancro de Lugo.

Exit mobile version