Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros realiza a selección dos 22 socorristas que vixiarán as praias este verán

Barreiros, 28 de xuño de 2013. En Barreiros hoxe realízase a selección dos 22 socorristas que vixiarán as praias durante o verán. O alcalde, Alfonso Fuente, asegura que comezarán a traballar a vindeira semana.

O rexedor explicou que “hoxe en Barreiros procedemos á selección dos 22 socorristas que vixiarán os nosos areais durante o verán. Temos subvencionados 20 por parte da Xunta de Galicia e 2 máis serán costeados polo Concello. Queremos que empecen xa a traballar o día primeiro de xullo nas nosas praias”.

Fuente Parga dixo que “está vindo bo tempo, estamos vendo que xa hai afluencia de xente nas praias e como xa estamos a facer tarefas de limpeza tamén queremos que o servizo de socorrismo se poña a funcionar desde a vindeira semana”. O servizo de socorrismo estará operativo ata o vindeiro 31 de agosto.

O alcalde de Barreiros engadiu que “a limpeza das praias farémola igual que o ano pasado, será co persoal municipal, dado que non existen resolucións con respecto ás subvencións que temos solicitadas”.

Exit mobile version