O socialista insistiu na importancia de que o PSdeG “volva ter unha soa voz”, e para iso apelou á “responsabilidade e o compromiso co partido, coa cidadanía e con Galicia” de todos. “Se non son o elixido estarei detrás apoiando a quen o sexa, e ese debe ser o compromiso de todos, porque Galicia necesita un partido e un proxecto socialista sólido de futuro”, apuntou. Besteiro destacou ademáis o “xogo limpo” dos compañeiros que xa deron un paso adiante para aspirar á secretaría xeral, e puxo este proceso como “exemplo para outros partidos”.
Sobre as visitas xa realizadas, Gómez Besteiro destacou a “boa acollida, as gañas de falar de política, de implicarse e de elevar o tono do discurso” da militancia. “Estes encontros están a ser moi positivos, porque constatan o que din os nosos 135 anos de historia: que hai partido e materiais para construír de novo unha alternativa de goberno progresista pola esquerda”, afirmou.