Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia: “Besteiro ten que comezar de inmediato coas labores de desbroce nos concellos lucenses”

Lugo 17-6-2013.-

A voceira do Grupo Provincial do Partido Popular, Elena Candia, esixiulle esta mañá a Gómez Besteiro que empece coas labores de desbroce nas estradas de titularidade provincial.

Unha esixencia que ven despois de que os alcaldes e voceiros dos distintos concellos lucenses lle trasladasen á popular o pésimo estado no que se atopan as vías das que o Señor Besteiro é o máximo responsable.

“Besteiro ten que axilizar a limpeza destas estradas”- manifestou Candia, quen asegurou que moitos viais presentan un estado totalmente lamentable debido a maleza das cunetas, que en varios casos chega incluso a invadir ás estradas.

A popular asegurou que esta situación é perigosa para conductores e viandantes posto que a maioría das estradas provinciais xa están en situación lamentable.

“Desgraciadamente atopámonos con un gran numero de estradas provinciais nun pésimo estado; se a isto lle engadimos a maleza e que esta invade a calzada, a situación é moito peor e o perigo tamén se incrementa”- manifestou Candia, quen concluíu instando a Besteiro a que se poña de inmediato mans a obra e comece coas labores de desbroce antes de que aconteza algunha desgracia.

Exit mobile version