Mondoñedo, 20 de xuño de 2013- A voceira do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, valora de “necesario” así como “de moi positivo” o primeiro paso a seguir polo grupo de traballo, creado para o fomento do turismo local trala visita á Ribeira Sacra, e que procura o deseño de paquetes que se comercializarán de xeito conxunto nas dúas zonas turísticas.
Así, o citado grupo de traballo, segundo explica Candia, propúxose como primeira proposta o inventariado de aloxamentos e actividades locais para o que crearon un documento, que entregarán nos establecementos para a cobertura de datos como capacidade, prezos, horario…
Desta maneira, a voceira popular considera que se está dando participación ao maior número de hostaleiros posibles co obxecto de integralos proposta, encamiñada a buscar vías de comercialización ao produtos locais.
Neste mesmo senso e coa fin de facer partícipe do proxecto ao maior número de persoas posibles, a voceira do Partido Popular de Mondoñedo tamén mantivo unha xuntanza co equipo de goberno para invitalos a incorporarse a este grupo de traballo acordado co Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e coa directiva da Asociación Ribeira Sacra Rural e no que participan entre outros, o presidente da ACIAM, a secretaria da Asociación Ribeira Sacra Rural e o colaborador en turismo Valentín Insúa Palacios, entre outros.
Elena Candia considera que o “traballo conxunto” permitirá cumprir co reto de “xerar riqueza” na localidade, e que “os turistas que visiten Mondoñedo, merquen tamén no municipio”, resaltando así os “nosos produtos estrelas como son a tarta ou a empanada”.
Retomar o bo posicionamento que tivo Mondoñedo
Con este proxecto, o Partido Popular de Mondoñedo márcase como obxectivo que a localidade recupere o bo posicionamento que tivo no ámbito deportivo a través das actividades de parapente.
Neste senso, Candia explica que existe a proposta dunha empresa cun proxecto para a reactivación do turismo local a través dos deportes de aventura.
Así, os populares están a traballar na organización de actividades de parapente, que estamos ultimando para xullo e que se presentará en breve.