Un acto no que os beneficiarios desta iniciativa recolleron os dispositivos, financiados por Sogama, e puideron escoitar algúns consellos de utilización da man de Plácido Pérez, un voluntario con anos de experiencia nesta práctica que explicou o proceso de montaxe do composteiro, os residuos aptos para facer compost de calidade así como aqueles que hai que evitar, como os restos de carne e peixe, así como a súa colocación e outras indicacións para conseguir resultados óptimos.
Cabe ter en conta que estes consellos son só unha primeira aproximación á práctica da compostaxe, xa que pasados uns meses da súa entrega, técnicos do Concello e o voluntario achegaranse aos fogares beneficiarios para interesarse polo grao de utilización do dispositivo así como polo seu aproveitamento, quedando ao dispor dos veciños para realizar máis aclaracións e consultar dúbidas.
Polo tanto, estas visitas periódicas, que se veñen realizando dende as primeiras entregas de composteiros, teñen un dobre obxectivo: “Por un lado pretendemos garantizar que todos los composteiros que damos cumplen su función, y al mismo tiempo, ayudar a los usuarios a realizar compost de calidad y a aprovechar al máximo las posibilidades de estos dispositivos” explica Alonso, que tamén destacou a importancia desta práctica “que permite reciclar los residuos orgánicos, fabricando un abono natural ideal para los cultivos, reduciendo el volumen de la bolsa de basura y contribuyendo en general a disminuir la cantidad de residuos generados”.
Con esta nova remesa son xa 93 os fogares cervenses que utilizan composteiros. “Una iniciativa que forma parte de un programa más amplio de fomento del compostaje que ha tenido muy buena respuesta desde el principio” engade a edil de Medio Ambiente. Alonso lembra tamén o papel do “boca a boca, ya que cada vez son más cervenses los que se interesan por el compostaje después de que un amigo o conocido con composteiro le haya transmitido los muchos beneficios de esta práctica, una labor de divulgación que también tenemos que agradecerles”.
Á hora de facerse cun composteiro, o Concello ten unha listaxe coas peticións realizadas pola veciñanza e que teñen entrada no Rexistro Xeral. Deste xeito, aténdense as demandas respectando a data de rexistro e sempre tendo como requisito imprescindible estar empadroado no Concello de Cervo.