Site icon Crónica3.com A Mariña

Ciclo de reunións nas parroquias do Concello de Foz

FOTO REUNIÓN CORDIDO 1O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, e os concelleiros do goberno municipal Pedro Fernández Manín e Ánxel Paleo mantiveron unha reunión con veciños de Cordido. As principais preocupacións que manifestaron os asistentes á xuntanza foron por cuestións relativas aos alumeados, á rede de sumidoiros, á limpeza de cunetas e vías e ao estado das pistas forestais. O ciclo de reunións nas parroquias por parte do alcalde e outros membros do goberno local focense segue este mércores, en San Martiño, ás oito da tarde no teleclube. O venres, día 7, á mesma hora a xuntanza será cos veciños da parroquia de Nois no centro social A Saira.

Exit mobile version