Na presentación, que tivo lugar na Parrillada Antonio de Lugo, o alcalde agradeceu a colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, que personificou en Antonio Veiga; e sobre de todo recoñeceulle ós membros da directiva da ACIA o enorme esforzo e traballo que levan a cabo para poder facer realidade a festa. Logo, engadiu: “o Concello colabora económicamente e cos nosos recursos humanos e materiais, pero sen a directiva pouco se podería facer. Teño que recoñecer tamén, e aplaudir, a participación activa de establecementos comerciais, para que Burela eses días sexa máis castrexa ca nunca. Igualmente, un agradecemento especial á confraría de pescadores sempre disposta a potenciar o nome de Burela”.
José María González Barcia sinalou que “a Festa Castrexa pretender ser un recoñecemento cultural e festivo ás orixes históricsa do pobo no que vivimos. Por eso se organizan actividades culturais e por iso se fai a festa en sí”.
“Se o ano pasado, tendo en conta que era a primeira edición, se limitou a unha conferencia sobre a cultura castrexa, este ano vai haber máis actividades culturais propiamente ditas, incluídas as musicais; de aí que estea aquí Xan Carballal. Estas actividades están moi avanzadas, aínda que falta pechar o seu calendario. Polo tanto serán obxecto dunha presentación posterior, pero avanzamos que terán un compoñente histórico, tanto desde a parte musical como desde a parte de publicación e conferencia”, engadiu o alcalde burelés.
Desde unha perspectiva cultural, “aspiramos a que a Festa Castrexa se vaia convertendo, pouco a pouco, sen presa, nunha cita obrigada para expoñer os traballos divulgativos ou de investigación sobre todo o que ten que ver coa cultura castrexa. Sabemos que non é doado, dada a escaseza de documentación, pero temos a obriga de inténtalo”, indicou Barcia.
Desde un punto de vista turístico, González Barcia manifestou que “a nosa intención, e coincide coa de ACIA, é colocar plenamente a Festa Castrexa como referente no mapa turístico provincial. Somos conscientes de que este tipo de eventos cada vez concentran maior número de persoas, o que inevitablemente ten que contribuír a dinamizar o tecido socioeconómico da vila”.
Finalmente, o alcalde, que dixo que el ía volver a ser castrexo coma na edición anterior, e logo de expresar o desexo de que o tempo axude, animou “a todos os veciños e veciñas de Burela a participar de forma activa. Tamén animo ós castrexos mariñanos, ós romanos de Lucus Augusti; mesmo ós ártabros e brigantinos, que coñecen ven ós castrexos bureleses, que se animen, e que veñan a Burela a unha Festa que procura difusión cultural, divertirse e servir de irmandade entre os distintos clans e familias desta Galaecia que a todo nos une”.
Conc