Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa aberto prazo de inscrición no curso de verán de Ribadeo

Lembrámosvos que as persoas interesadas en se matricularen no curso da Universidade de Verán da USC “Arte e patrimonio da Mariña lucense. O camiño e os camiños da arte”, que vai ter lugar no Teatro de Ribadeo do 17 ao 19 de xullo, teñen de prazo até o 6 de xullo. A matrícula pódese facer en liña a través da web da USC. A modalidade presencial só se pode facer nos centros de matriculación de cursos de verán dos campus de Santiago e Lugo. Toda a información aquí: http://www.usc.es/cultura/uveran12cursos.htm. Tamén se pode asistir aos relatorios sen estar matriculados.

Exit mobile version