
O segundo concerto coral, dentro do primeiro festival de voces xoves A Capela, celebrouse na sala Bahía de Foz. Unha actividade organizada pola delegación de Cultura do Concello focense. A actuación, que reuniu a gran cantidade de público, correu a cargo do Coro do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro. O festival rematará o día 14 deste mes, venres, cun concerto do Coro da Escola Municipal de Música de Foz. Será tamén na sala Bahía ás oito e media da tarde.