O pentatleta internacional Cristóbal Rodríguez ven de conquistar a medalla de bronce no Campionato de España de esgrima de equipos á espada en Elite Absoluto co conxunto barcelonés “Sala de Armas de Montjuic”. O equipo estaba formado polos espadistas Guillem Manzanares, Albert Sanfeliu e o propio Rodríguez. Marius Alvardo non puido entrar ó relevo ó romper o xemelgo.
O campionato celebrado este sábado 1 de xuño no Polideportivo “José Caballero” de Alcobendas (Madrid) era o acontecimiento máis agardado do ano e reuniu ós mellores equipos do país clasificados para dito campionato.
En semifinais enfrontáronse ó poderoso Sala de Armas de Madrid e ó conxunto do Club de Esgrima Europeo de Madrid que tiñaa clasificados dous equipos, un dos cales eliminou o SAM para poder optar ó bronce por un tanteo de 45 a 36 a favor do Sala de Armas Montjuic perdendo a prata por unha escasa marxe.
Rodríguez, que na xornada de mañá estivo frouxo, non encontraba a súa esgrima; pero na sesión de tarde os consellos do adestrador do SAM, Juanjo Michavila, durante a comida e as orientacións do mastro galego de esgrima Manuel Villadóniga, que falou longo e tendido co seu paisano, motivaron unha xornada de tarde distinta na que se viu a Rodríguez moi seguro na tirada e moi combativo.
Esta medalla ven a agrandar o palmarás de Rodríguez que suma esta temporada ó seu Campionato Universitario de Esgrima un bronce nacional absoluto o cal segundo o Maestro ten gran mérito, posto que Rodríguez é pentatleta e non adestra un único deporte.