Site icon Crónica3.com A Mariña

Curso de Raku e paella de marisco en Viveiro

CURSO DE RAKURegal Xunqueira acollerá o sábado 29 un novo curso de cerámica Raku e paella de marisco. Así, coceranse as pezas do día anterior e faranse outras novas. Despois Riveira cociñará unha paella de marisco para mais de 30 persoas con 15 quilos de marisco (nécoras, centolas…) por doazón de Pupo. Rakú é unha técnica decorativa usada en cerámica que ten as súas orixes nas civilizacións xaponesa e chinesa. A combustión de materias orgánicas produce unha reacción química entre os gases da combustión e o osíxeno do forno. Ao estar o recipiente pechado non hai suficiente osíxeno para que se produza a combustión, así que, o carbono e os gases liberados tratasen de buscar osíxeno e farano colléndoo dos óxidos cos que as pezas cerámicas están decoradas. O cambio químico que se produce nas pezas debido á perda de osíxeno denomínase “reducción” (Rakú). As pezas reducidas cambian de cor formando unha irisación metálica.

Exit mobile version