Site icon Crónica3.com A Mariña

De estradas e silveiras

Carlos do Cristo.- Chega o verán, e con él, as festas, as sardiñas, a praia e as silveiras ata o medio da calzada! Chegarán tamén as queixas por isto.

Normal, como non! E chegarán as escusas para non cortalas:”Esa estrada é responsabilidade da Deputación”. Claro que é da Deputación!Pero na Deputación, como no resto das administracións, tamén hai crise. É máis, coa ASUNCIÓN POLO ENTE PROVINCIAL DAS COMPETENCIAS EN BENESTAR E SERVIZOS SOCIAIS QUE A XUNTA ABANDONOU Á SÚA SORTE, a corta das silveiras chegará polo menos pasada a metade do verán.

Pois ben, aquí boto unha idea da que poderían tomar nota no concello de Xove: NEGOCIAR algún intercambio coa Deputación. En Xove hai capacidade de maquinaria e de persoal para cortar as silveiras no mes de xuño e poderíase pedir algunha rebaixa dalgún imposto, algunha ampliación dalgunha subvención, pedirlle os cartos do custe que supón limpar as cunetas no concello… Algo! Pero deberíanse cortar as silveiras sen agardar a que remate o verán, que está moi ben que o Concello arranxe estradas de titularidade da Deputación para eliminar puntos negros (moi ben feito, por certo) e que non haxa
accidentes de tráfico. Pero isto entra en contradición co feito de que as silveiras cubran as estradas todo o verán, xa que esta situación provoca que toda a estrada sexa un punto negro.

Podendo evitalo, non valen escusas dicindo que é a Deputación quen ten que limpar os viais, que o Concello, igual que fai obras, tamén pode realizar o mantemento e limpeza das cunetas, se se quere, claro!

Carlos do Cristo

Exit mobile version