Site icon Crónica3.com A Mariña

Despedida das II Xornadas do Deporte da Academia Indecum

tomasabeigon2A segunda edición das Xornadas do Deporte da Academia Imdecum despediuse onte coa visita do presidente da Organización Española de Fisioculturismo NABBA, Tomás Abeigón. O pontevedrés achegou os asistentes ao IES Monte Castelo ao mundo do fisioculturismo como un deporte, unha ciencia e unha arte, centrándose nas modalidades do exercicio con pesas, a importancia da nutrición e o perigo das substancias dopantes, así como tamén facendo un percorrido polos fisioculturistas máis destacados.

O ciclo organizado pola Fundación Imdecum nesta primavera tamén abordou o deporte feminino nos medios de comunicación, coa xornalista Alba Adá; o kick boxing, coa campioa do Mundo Marisol Ramírez; a loita olímpica, co director técnico da área de Promoción de Desenvolvemento da Federación Galega de Loita; e o deporte sen barreiras, a través dos tenistas en cadeira Álvaro Illobre e Martín Varela.

Exit mobile version