Na segunda metade so cabía votarse para adiante, en busca dun gol que deixase a eliminatoria máis accesible. Así, o Foz creaba espacios atrás que aproveitaban os locais para saír en rápidos contrataques, creando perigo nalguhas ocasións. Xa pasada a metade do segundo tempo un disparo de Anxo, moi bombeado fixo que o porteiro local non despexase ben, e tras dar no largueiro, Dani rematou coa cabeza o balón no fondo das mallas. Co 2-1 no marcador os focenses dispuxeron doutra clara ocasión para empatar, pero o balón de Germán saeu fóra por pouco. Xa no tempo de desconto, un penalti absurdo a favor dos locais afundía ós rapaces focegos, pero Xosé nunha extraordinaria parada evitou o terceiro gol betanceiro, mantendo as ilusións intactas á espera do derradiro e definitivo encontro en Foz.
Os xogadores celebraron o resultado como se dunha victoria se tratara, pedindo xa o apoio incondicional do público focego no Municipal o sábado día 22, para entre todos poder lograr o ascenso á Liga Galega, que “ben se merecen esta extraordinaria xeración de futbolistas” segundo o club que pide unha gran entrada para animar o C.D. Foz cadete.