Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous campionatos galegos e varias primeiras prazas para o Club Castelarco

SONY DSCO Club de Tiro Castelarco non pode estar máis orgulloso e satisfeito polos resultados obtidos polos mozos arqueiros no XXII Campionato Galego en Aire Libre para as categorías ardilla, benxamín, alevín e infantil en Ferrol nun xornada marcada pola presencia continua da choiva.

Na categoría benxamín masculino na modalidade de arco recurvo, Ángel Galante Briones era proclamado Campión Galego, tras finalizar a competición cun total de 320 puntos sobre os 360 máximos posibles. Ángel tomou a vantaxe no primeiro round con 159 puntos seguido de Juan Prado Neira da Escola Lucense de Tiro con Arco, tan so a un punto dos arqueiros do Castelarco. Iniciado o segundo encontro despois do descanso a vantaxe foi aínda máis evidente tal que, finalizado este, Ángel melloraba aínda máis a súa puntuación logrando os 161 puntos, deixando así aos seus contrincantes moi atrás, o seu inmediato seguidor, Juan lograba nesta ocasión os 150 puntos.

Unha moi grata sorpresa para o Club foi a excelente actuación da nosa nova incorporación ao Club, Fernando Fernández Romero, de San Cibrao; “Nano” lograba na súa primeira competición o terceiro posto, un primeiro round na que a regularidade foi a súa tónica, situábao na cuarta posición ao obter os 134 puntos. Ao igual que o seu compañeiro Ángel a segunda manga serviulle tras o descanso para mellorar a súa marca, logrando os 142 puntos; así cun total de 276 puntos lle valerían para obter unha meritoria terceira praza. A bo seguro este arqueiro mozo nos seguirá dando gratas sorpresas.

Na categoría benxamín feminino, da modalidade de arco recurvo a nosa arqueira Beatriz Botelho Melo, tras unha ausencia prolongada debido a unha lesión que a apartou do tiro con arco, e na súa primeira participación tras este prolongado parón involuntario, lograba tamén subir ao podio, ao igual que os seus compañeiros de Club realizaba un primeiro raund baixo, tan so 78 puntos, pero logo do descanso no segundo encontro lograba encontrar o seu ritmo de tiro e iso se fixo notar no seu resultado final, lograba os 104 puntos que sumados aos anteriores o situaron na terceira praza cun total de 182 puntos.

Na categoría infantil masculino, en arco recurvo “a máquina” como o apodaron algúns na liña de tiro, Gabriel Galante Briones, non defraudou e como era de esperar foi proclamado Campión Galego.

Ao igual que o seu irmán Ángel, sempre foi por diante desde os inicios da competición, no primeiro round a unha distancia de 50 metros lograba os 288 puntos (por debaixo dos seus habituais 300 puntos), seguido de cerca por Taylor Murias Acevedo do Club Arcobarco (do Barco de Valdeorras-Ourense) con 231 puntos, despois do descanso á distancia de 30 metros, ao igual que o resto dos nosos arqueiros melloraba a súa puntuación logrando os 338 puntos a tan so 22 puntos da máxima puntuación posible. Así con 626 puntos sérvenlle para situarse o primeiro nas roldas clasificatorias. Ademais pulveriza o seu récord persoal conseguido o pasado día 19 de maio no VIII Trofeo Federación-Xunta de Galicia, celebrado en Ares (A Coruña), onde conseguía situar o seu listón nos 595 puntos (270 puntos a 50 metros e 325 puntos aos 30 metros). Con este resultado impresionante despídese da categoría infantil autonómica.

O representante infantil, Francisco Botelho Melo, realizaba unha actuación notable, na súa primeira participación en aire libre situábase quinto na primeira rolda clasificatoria disputada a 50 metros, con 160 puntos, despois do descanso e a 30 metros logrou mellorar os seus resultados, obtería os 196 puntos que sumados aos anteriores (356 puntos) confirmábanlle a quinta praza e o seu pase ás series eliminatorias.

Iniciadas as eliminatorias Gabriel non tivo maiores problemas, aínda que nos deu algún que outro sobresalto. A súa primeira eliminatoria pásaa sen problema ao non presentarse o seu contrincante, a segunda a disputa contra Pablo Seoane Gusano do Club Ares (A Coruña) o cal ven de eliminar ao seu compañeiro de Club Francisco Botelho Melo por un contundente 7-1 (Francisco loitou ata o final, logrando empatar o segundo set pero a veteranía de Pablo nestas lides volcou a balanza); pero Gabriel non se amilana e logra vencerlle 6 sets a 2; o terceiro e último encontro definiría o Campión e Subcampión Galego; Gabriel enfróntase a Taylor do Club Arcobarco. Nesta ocasión o cansazo fíxolle mella e os seus lanzamentos xa non son tan certeiros, pero aínda así logra vencerlle por 7 sets a 1.

A única participante sénior do Castelarco no XXXVIII Campionato Galego ao Aire Libre para as categorías veterano, sénior, junior e cadete; Ana Mª Briones Montes, quedou 5ª tras dous días de dura competición que ao igual que os máis novos tivo que soportar unha primeira xornada chuviosa. O sábado pola tarde disputábanse as distancias largas a 70 e 60 metros e ao día seguinte pola mañá as cortas 50 e 30 metros (Serie FITA); a súa primeira experiencia neste tipo de torneo foi enriquecedora, xa que o desafío das catro distancias supón un plus para o arqueiro que ten que estar ben de fondo físico para aguantar as 144 frechas que deben tirar en tan corto período de tempo.

Exit mobile version