
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente Parga, ofreceu unha recepción a dúas irmáns emigrantes en Cuba que acaban de chegar ao concello a pasar uns días coa súa familia. Trátase de Julia e María del Carmen Baamonde Lombardero, que están a participar no programa Reencontros na casa, da Xunta de Galicia. O rexedor entregoulles un escudo do Concello de Barreiros e outros agasallos e desexoulles unha feliz estancia no municipio. Julia e María del Carmen pasarán quince días coa súa familia barreirense. Segundo explicou o alcalde, Alfonso Fuente, “había catorce anos que nos viñan pola zona. Xa naquel momento viaxaron aquí grazas a outro programa similar da Xunta de Galicia”.