Site icon Crónica3.com A Mariña

Espazo Ecosocialista celebra a súa primeira xornada de formación en Ames

Espazo Ecosocialista celebra esta fin de semana en Ames a súa primeira xornada de formación política na que participarán medio centenar de persoas.

A xornada que desenvolverase durante o sábado 15 no pazo da peregrina de Bertamiráns, no concello de Ames, divídese en dúas sesións.

Na sesión da maña desenvolverase a Coordinadora Nacional desta formación política, que estatutariamente está aberta ao conxunto da militancia que queira asistir, e que abordará o seguimento do plano de traballo do 2013 e estudará o novo ciclo político que inclúe as eleccións europeas e municipais, onde Espazo Ecosocialista aposta por unha apmla alianza democrática e de esquerdas partindo da base unitaria que representa Alternativa Galega de Esquerda (AGE).

Na sesión da tarde abordaranse as catro temáticas que son o centro da axenda política de Espazo Ecosocialista: radicalidade democrática (o relator será Manuel M. Barreiro); Feminismo (a relatora será Gloria Vázquez do Colectivo Ve-la Luz); Políticas Sociais (a relatora será Pepa Vázquez do Colectivo Encontro-Marea Laranxa); e Sustentabilidade Ecolóxica (o relator será Xan Duro).

Exit mobile version