Site icon Crónica3.com A Mariña

Éxito da segunda Operación Kg de Bumei

operacionkg-burelaMujeres en Igualdad Burela realizou a súa segunda campaña de Operación Kg para La Despensa de Alimentos que esta asociación xestiona en Burela. Así, quere destacar a boa acollida e solidariedade con este proxecto mostrada polos veciños de Burela e Foz que non escatimaron á hora de encher os carros que BUMEI fará chegar ós máis necesitados. A presidente da asociación, Mary Fraga, agradece tamén a labor da directiva, as afiliadas, os supermercados Eroski e Familia e ASPANANE, entidade que xestiona o Banco de Alimentos na Mariña, e que colabora no reparto de alimentos sendo tamén beneficia do mesmo. Mujeres en Igualdad de Burela recorda que traballan para ofrecer servizos e axudas que inclúen alimentos, roupeiro, libros, banco bebé o de maiores, pero tamén cursos formativos, lúdicos, de orientación ou deporte. Nese sentido, veñen de asinar un acordo con Meniñ@s Formación e Ocio de Burela para ofrecer ás mulleres vítimas de violencia de xénero un servizo de atención para nenos en horario de mañá totalmente gratuíto para posibilitar a súa búsqueda de emprego nese horario. Esta asociación de recente creación, pero de enorme impulso, atópase traballando noutros dous proxectos en apoio ás familias en risco de exclusión social.

Exit mobile version